Bases iProx
A continuación enuméranse as bases da Iniciativa de Proxectos Multimedia, iProx, un proxecto pensado e creado dende o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
1. Obxecto
Con esta iniciativa, Novagalicia Banco e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, pretenden apoiar novos proxectos xornalísticos relacionados coa realidade socioeconómica de Galicia.
2. Condicións xerais
- Os proxectos versarán sobre a realidade socioeconómica de Galicia.
- Terán que ser inéditos e non ter outro tipo de financiamento nin privado nin público.
- Poderán concorrer a esta convocatoria calquera colexiado ou colexiada do CPXG e licenciados en Ciencias da Comunicación ou Xornalismo que formalicen a súa inscrición de acordo co disposto no terceiro punto destas bases.
- Os traballos poderán ser presentados por unha ou varias persoas, sempre e cando cumpran o anterior requisito.
Poderase presentar reportaxe escrita, proxectos de radio, audiovisual ou fotográficos, ou relacionados coas novas tecnoloxías (web, redes sociais)
3. As propostas
- Os proxectos terán que se presentar en tempo e forma segundo o punto 4.
- Soamente se poderá presentar unha proposta por persoa e/ou grupo.
- A presentación e selección dos proxectos terán dúas fases:
- Nunha primeira, presentarase o proxecto presentarase cunha pequena descrición e orzamento aproximado. O xurado fará unha selección desas primeiras propostas e seleccionará as propostas que considere para unha segunda fase.
- Na segunda parte os candidatos terán que describir o proxecto máis polo miudo: memoria, orzamento detallado e cronograma de traballo.
4. Prazos e condicións da solicitude das bolsas
- O prazo de recepción de propostas rematará o 14 de xuño de 2013.
- A documentación presentada para a primeira fase constará de datos da solicitude, descrición e orzamento (Anexo I e II). Así como unha breve descrición do curriculum dos autores.
- As proposta seleccionadas polo xurado na segunda fase terán que presentar:
- memoria e cronoloxía (Anexo III)
- orzamento (Anexo IV)
- declaración xurada de non ter recibido nin ter pendente de percibir subvención ningunha para o proxecto (segundo modelo anexo)
- fotocopia do DNI e currículo do autor ou autores
- A documentación enviarase a: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, San Pedro de Mezonzo, 36, 1º, 15701 Santiago de Compostela por vía postal ou en persoa. Tamén se poderá facer chegar por correo electrónico a xornalistas[@]xornalistas.com.
- Serán aceptadas só as propostas que entren dentro do prazo de recepción.
5. Xurado
- A organización designará un xurado multidisciplinar que decidirá cales son os proxectos seleccionados. Un secretario levantará acta das reunións do xurado.
- O xurado poderá facer, se así o estima oportuno, unha preselección e solicitar máis información ou concrecións sobre os proxectos presentados.
- O fallo do xurado darase a coñecer na primeira quincena de xullo.
- A participación nesta convocatoria implica a autorización ao CPXG e a Novagaliciabanco para a utilización do material na difusión das bolsas.
- O CPXG e Novagaliciabanco resérvanse o dereito a publicar a relación das obras seleccionadas, a información correspondente ás mesmas e o nome e apelido dos seus autores por calquera medio que estimen conveniente.
- Os traballos quedarán depositados na organización.
- A decisión do xurado será inapelábel.
6. Cuantía
- O Xurado determinará cal é o proxecto ou proxectos elixidos. A cada un deles se lle asignará unha cuantía de non menos de 1.000 euros e un máximo de 6.000. En calquera caso, a suma total das bolsas non poderá pasar de 6.000 euros. A bolsa non poderá ser declarada deserta.
- Dacordo coa normativa vixente, a entrega das citadas bolsas constitúen un rendemento suxeito ao imposto sobre a Renda de Persoas Físicas (IRPF), do seu perceptor ou perceptores, sometido á correspondente obriga de retención a conta de dito imposto por parte do pagador.
7. Os proxectos patrocinados
7.1. Os proxectos seleccionados materializaranse coas seguintes condicións:
7.2. Pagamento
Divulgadas como estime oportuno o xurado.
Cedidas aos medios, previa solicitude á organización e comunicación ao gañador.
8. Outras normas
- Os organizadores nomearán unha comisión específica para a organización desta convocatoria, que tomará as decisións pertinentes durante o proceso, e non admitirá recurso ningún.
- A participación na presente convocatoria implica a aceptación, por parte de cada participante, das presentes bases, que serán depositadas ante notario.
- Non serán admitidas as propostas que non cumpran os anteriores requisitos.
- A documentación presentada non será devolta nin se manterá correspondencia sobre ela.
- Todas as cuestións que non figuren explicitamente recollidas nestas bases serán resoltas polo xurado ou a comisión organizadora.