Volver

Nace Galicia Soa, o cuarto e último proxecto das bolsas iProx

Galicia soa é un libro dixital sobre o despoboamento do rural, que recolle as vivencias reais dos seus protagonistas e a opinión dos expertos e estudosos sobre o tema, nun entorno multimedia que mestura texto con imaxe e audio.

O libro dixital Galicia Soa está realizado por un equipo formado pola xornalista Susana Pardiñas Iglesias, o profesor da USC e experto en SIG José Antonio Pardiñas García, e o politólogo Benjamín A. López Rodríguez; e recolle reportaxes de zonas rurais das catro provincias galegas, así como entrevistas a Xosé Luis Barreiro Rivas, Xaquín Fernández Leiceaga, Andrés Precedo Ledo e Xosé Gabriel Vázquez.

As bolsas iProx son resultado dun convenio de colaboración asinado a finais de 2012 entre Novagalicia Banco e o Colexio de Xornalistas para a creación, organización e posta en marcha desta bolsa para xornalistas licenciados e/ou colexiados, froito do interese de Novagalicia por promover e dar saída a proxectos de comunicación que por causa da situación actual non poden ver a luz. O CPXG, como entidade que representa aos xornalistas galegos, entre cuxas funcións está a de tratar de mellorar as condicións nas que os xornalistas levan a cabo os seus traballo, quixo ser o vehículo condutor da iniciativa, e agradece profundamente a Novagalicia Banco o seu interese por fomentar os proxectos innovadores dos profesionais da comunicación de Galicia.

Para contactar cos responsables dos proxectos: xornalistas@xornalistas.com ou no 981935670

CPXG