Volver

Viaxe aos recordos

Viaxe aos recordos recolle o traballo de investigación de Belén Blanco e Xela Cuñarro centrado na análise da a inmigración galega nun caso en concreto, o de Mercedes Bastón, viúva dun home que traballou, viviu e morreu en Holanda hai 40 anos. A web recolle as experiencias de Mercedes percorrendo os lugares onde estivo o seu marido anos atrás.

Avelino Martínez Hermelo era natural de Aldán e marchou a Rotterdam en busca de traballo. Nos seus primeiros días na cidade recibiu apoio da R.K. Zeemanshuis ‘Stella Maris’, situada no número 13 de Willemskade​. Traballou e viaxou arredor do mundo ata que un accidente no barco acabou coa súa vida. Era o ano 1972. Queremos contar a súa historia e a da súa muller, Mercedes Bastón.

Con ela viaxamos a Rotterdam. 40 anos despois. Na busca dos recordos compartidos.