Volver

O martes 16 anunciarase o fallo das bolsas iProx

A roda de prensa na que se revelará o fallo do xurado celebrarase no Centro Social de Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, 17) en Santiago de Compostela.

Coa convocatoria de iProx, Iniciativa de Proxectos Xornalísticos, o CPXG e Novagalicia Banco queren fomentar as iniciativas xornalísticas sobre a realidade socioeconómica de Galicia, promovendo a realización de novos proxectos de comunicación sobre esta temática. O xurado, designado pola organización de iProx, elixirá un ou varios traballos de reportaxe escrita, proxectos de radio, audiovisual ou fotográficos, ou relacionados coas novas tecnoloxías, aos que se lles asignará unha contía dun mínimo de 1.000 euros e un máximo de 6.000.

CPXG